«A soidade das nenas», nova novela con Xerais.

Esta novela está dedicada a todas as nenas que non desaparecen endexamais

Foi no ano 2020 cando anunciaba a publicación da miña primeira editorial, baixo o título de La herida de la literatura, coas tan queridas compañeiras de Les Editorial. Dende entón, mergulleime nesta longa etapa un pouco erma de silencio e repouso. Estaba claro que a intensidade coa que vivira ata ese momento a literatura non me ía permitir manterme leda neste mundo editorial, feroz e afastado do que eu inda singo a pensar do que significan os libros en realidade. Pero non é diso do que viñen a falar hoxe nesta entrada.

Así, dende entón, fóronse apagando e desaparecen persoas da miña vida que supuxeron un dó intenso. Tamén fuxiron proxectos que levantei con amigas e personas que tamén eran moi importantes naquel tempo. Apaguei as criticas literarias as que me adicara con entusiasmo, abandonei o podcast de Letraheridas antes tan sequera de deixalo despegar. E, tamén, un pouco as redes e a confianza en min mesma.

Pero, como escritora e mentireira que son, o certo é que a inactividade non foi tal. E froito dese longo silencio e ‘descanso’, nace a historia perseguida, coidada, mimada e admirada por min neste tempo. Para a «Miriam escritora» supón un paso adiante na calidade narrativa e na ventá que se abre: publicar en galego nunha das editoriais máis queridas e leídas durante a miña vida.


A novela títulase, A soidade das nenas.

9788411104975-a-soidade-das-nenas

Sinopse

Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormenta a Emilia, que teima en retornar ao pasado para descubrir o que sucedeu. A través dunha voz literaria rotundamente persoal e fascinante, Miriam Beizana constrúe unha historia subxugante, escrita con extrema delicadeza: a da estraña e imantada relación que se establece desde a infancia entre Emilia, Celia e MX. «A soidade das nenas» descobre para a literatura galega unha voz poderosa e orixinal.


Poderedes coñecer mellor a Emilia, Celia e MX a partires do día 7 de marzo.

Pola miña parte, decirvos que nos vemos nas librarías 💜.

2 Comentarios

  1. Elisa dice:

    Cuanto me alegro.Me ha costado leer la entrada y la sinopsis en gallego así que no me veo capaz de meterme en una novela que no sea en castellano 😦 Estoy mayor.
    Enhorabuena por seguir escribiendo

    1. Con un poco de paciencia, saldrá en castellano también 🙂

Deja un comentario